Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso Manipulación de imaxes dixitais (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

03-07-2017 ata: 14-07-2017

Está aberto o prazo de preinscrición do curso Manipulación de imaxes dixitais.

Esta actividade é unha iniciación ao manexo de imaxes dixitais. Está destinado a calquera persoa interesada na manipulación básica de imaxes para a súa publicación en Internet, na preparación de figuras ou láminas para traballos e publicacións, paneis de congresos, presentacións etc. A ferramenta empregada será o programa de código aberto GIMP (GNU Image Manipulating Program).

Calendario: 3, 4, 5, 6, 7, 10,11, 12, 13 e 14 de xullo.
Horario: 12 a 14 horas.

Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/2996