Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

18-04-2017 ata: 03-05-2017

Está aberto o prazo de preinscrición do curso Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos.

O Design Thinking (DT) é unha metodoloxía interactiva para o desenvolvemento de proxectos en base a tarefas de empatía, definición, xeración de ideas, prototipado e experimentación. Esta metodoloxía foi desenvolvida en Stanford e ten sido aplicada por numerosas empresas de éxito.

Días: 18, 20, 25, 27 de abril e 3 de maio.
Horario: de 10 a 14 horas.

Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/2994