Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Foro Aero | Conferencia "Small Satellites: the university way to access space” | Chantal Cappelletti | International Academy of Astronautics Member | University of Brasilia

Información xeral

16-02-2017 ata: 22-02-2017

Conferencia "Small Satellites: the university way to access space”

O mércores 22 de febreiro de 2017 ás 16.30 h, no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do Campus universitario de Ourense, continuaremos co ciclo de conferencias que baixo o título de Foro Aero traerá ao campus de Ourense a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas.

Coincidindo coa celebración o día 11 de febreiro do “Día internacional da muller e da nena na ciencia” e co patrocinio da Vicerreitoría do Campus de Ourense,  impartirase unha conferencia,  que levará por título "Small Satellites: the university way to access space”, intervirá Chantal Cappelletti , profesora de Sistemas Espaciais na Universidade de Brasília, e  membro da Academia Internacional de Astronáutica (IAA). Desde 2011 ata a actualidade é a  responsable da construción e lanzamento de seis misións espaciais con pequenos satélites e experimentos científicos na Estación Espacial Internacional (ISS).