Corrección de erros na convocatoria de tres bolsas de colaboración coa ANL

Bolsas e axudas

16-03-2017 ata: 26-03-2017

Tras detectar varios erros na Resolución reitoral do 15/02/2017 pola que se anuncia a convocatoria de tres bolsas de colaboración para a formación complementaria do estudantado coa Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo, cómpre facer as oportunas correccións no sentido indicado a continuación:

  1. Nas bases da convocatoria no punto 2, onde di:
    • a) "Ser estudante na Universidade de Vigo de Filoloxía Galega, Grao en Estudos de Galego e Español (itinerario lingua galega e española/lingua e literatura galega), ou de Tradución e Interpretación (Lingua A: galego) no curso 2015/2016 e ter cursados, polo menos, o 50% dos créditos totais da titulación", debe dicir: "a) Ser estudante na Universidade de Vigo de Filoloxía Galega, Grao en Estudos de Galego e Español (itinerario lingua galega e española/lingua e literatura galega), de Tradución e Interpretación (Lingua A: galego), ou Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios no curso 2016/2017, ou ter cursados, polo menos, o 50% dos créditos totais da titulación"

       

    • b) "Estar matriculado no curso 2016/2017 nas devanditas titulacións" débese suprimir2.

2. Con motivo desta corrección ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de 10 días naturais para o alumnado da Universidade de Vigo que estea interesado e que reúna os requisitos da citada resolución.

3. As persoas que xa solicitaron a bolsa anteriormente (RR 15/02/2017), non teñen que volver entregar a documentación.