Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego (2017)

Concursos e Premios

22-03-2017 ata: 20-06-2017

Prezada comunidade universitaria:

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia da USC convoca a segunda edición do concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúdo ao Galego.

Calquera membro da comunidade TED poderá participar neste concurso, para o cal deberás inscribirte enviando un correo electrónico a <snl.concurso.subtitulacion@usc.es> ata o 30 de marzo de 2017, cos teus datos (nome, DNI, enderezo postal).

Dispoñerás ata o 30 de abril para realizares a tradución ao galego e a subtitulación dun vídeo TED da área de saúde segundo as instrucións que se che fornecerán por correo electrónico.

Un xurado decidirá cal é, dos vídeos presentados, o de maior calidade, o cal recibirá un premio de 150 € e un diploma honorífico.

Máis información: Concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego (#TEDSaúde).

Saúdos,

ANL