Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Guía de apoio para introducir a perspectiva de xénero na docencia da Universidade de Vigo

Unidade de Igualdade

09-09-2014 ata: 31-10-2014

A Unidade de Igualdade informa a toda a comunidade universitaria que está accesible na súa páxina web a Guía de apoio para introducir a perspectiva de xénero na docencia da Universidade de Vigo.

Este novo recurso trata de ofrecer un espazo de reflexión sobre aspectos da práctica formativa e facilitar unha serie de pautas para favorecer a incorporación da perspectiva de xénero na docencia.

Pode ser consultada no seguinte enlace:

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/igualdade/recursos/

Un saúdo