Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

bolsas residencia Ourense ou Pontevedra 2016 2017

Bolsas e axudas

26-04-2017 ata: 31-05-2017

A Reitoría RESOLVE:

Publicar as listaxes definitivas das bolsas de aloxamento para estudantes dos campus de Ourense ou Pontevedra da Universidade de Vigo para o curso académico 2016/2017.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así e todo, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.