Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Axudas Predoutorais 2018. Admisión e exclusión provisional de solicitudes

Información xeral

05-11-2018

Con data de hoxe foi publicada nos taboleiros de anuncios do rexistro xeral e auxiliares da Universidade de Vigo a resolución reitoral de 5 de novembro de 2018 pola que se fai pública a resolución provisional de solicitudes admitidas/excluídas da convocatoria de Axudas Predoutorais (convocatoria de Axudas á Investigación 2018), que pode consultarse no seguinte enlace.

De acordo coa resolución, establécese un prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación da mesma para, de ser o caso, emendar as causas de exclusión.