Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución concesión provisional programa Retención de Talento Investigador Universidade de Vigo 2018

Información xeral

13-12-2018

Con data de onte foi publicada nos taboleiros de anuncios do rexistro xeral e auxiliares da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 12 de decembro de 2018 de concesión provisional das solicitudes do Programa de Retención de Talento Investigador da Universidade de Vigo para o 2018, que pode consultarse no seguinte enlace .

Conforme ás bases da convocatoria, establécese un prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación desta resolución para, de ser o caso, emendar as causas de exclusión.