Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución provisional de admisión de candidaturas Programa Retención de Talento 2019

Información xeral

02-04-2019

No día de hoxe foi publicada nos taboleiros de anuncios do rexistro xeral e auxiliares da Universidade de Vigo e no módulo de convocatorias a Resolución reitoral de 2 de abril de 2019 pola que se publican a a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas coas súas causas de exclusión do Programa de Retención de Talento Investigador da Universidade de Vigo para o 2019, que pode consultarse no enlace que ven máis abaixo.

As persoas interesadas poderán formular alegacións concedéndose para isto un prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución para, de ser o caso, emendar as causas de exclusión.