Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CINE E LINGUA. 1º CICLO: INGLÉS

Información cultural

02-03-2015 ata: 07-05-2015

A programación cultural de Extensión Universitaria da UVigo estrea este cuadrimestre un Ciclo de Cine e Lingua, co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, e que, nesta ocasión incluirá películas en V.O. en inglés con subtítulos en castelán.

Esta iniciativa, na que colabora o Centro de visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia, ten previsto continuar en próximos cuadrimestres con longametraxes noutras linguas como francés ou alemán.

Nesta ocasión todos os filmes teñen a arte como fío condutor. Así afondarán en temas como a enoloxía, a pintura ou a música. A programación conta tamén cunha longametraxe Las aventuras del príncipe Achmed, de Lotte Reiniger (1926), primeira película de animación que, ao ser muda, encargarase de musicar en directo Casperveck trío.

Presentará as películas e moderará o coloquio posterior Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Uvigo.

Programación

 

DATA

PELÍCULA

4   de marzo

20.00h.

Once

John Carney (2006)

18   de marzo

20.00h.

Basquiat

Julian   Schnabel (1996)

8   de abril

20.00h.

Sideways

Alexander   Payne (1989)

22   de abril

20.00h.

My left foot

Jim Sheridan (1989)

6   de maio

20.00h.

Las aventuras del príncipe Achmed

Lotte   Reiniger (1926)

Musicada en directo por Casperveck trío

 

Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.

Entrada libre. Proxeccións ás 20.00h.