Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CURSO DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES PERSOAIS PARA A DIRECCIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS

Cursos e exames

17-04-2015 ata: 23-05-2015

Dende o 17 de marzo ata o 16 de abril está aberta a inscrición no Curso Complementario da Universidade de Vigo “Desenvolvemento de habilidades persoais para a dirección e xestión de proxectos”. Dito curso comenza o 17 de abril de 2015 e remata o 23 de maio.

A xestión de proxectos é unha das actividades con maior grao de tensión e desgaste profesional. Á alta complexidade e competitividade do mercado, súmase a necesidade de xestionar persoas e afrontar situacións de crise e conflitos. O dominio de metodoloxías e técnicas que axuden a equilibrar as esixentes demandas da función cos recursos das persoas é unha garantía de mellora no desempeño.

Os Directores, Responsables ou Xefes de Proxectos están no centro das organizacións, por unha parte os seus superiores esíxenlles obxectivos de rendibilidade e visión de negocio, por outra parte os clientes esíxenlles o cumprimento dos obxectivos de costes, calidade e prazos, ademais os profesionais que integran os seus equipos están cada día máis preparados e formados os cales esixen unha clara organización das actividades e tarefas e unha eficiente coordinación e comunicación destas.

Mais información e inscrición:

http://bubela.uvigo.es/curso/HABILIDADES_PERSONALES