Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xunta de Galicia. Axudas para alumnado con dificultades económicas por causas imprevistas, curso 2014-15

Bolsas e axudas

01-04-2015 ata: 30-09-2015

A Xunta de Galicia publicou, con data do 1 de abril de 2015, a Orde pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2014-15, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar estudos.

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 o no enderezo electrónico: 012@xunta.es

Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es