Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal da Facultade de Fisioterapia

Prevención de riscos laborais

27-04-2015 ata: 05-05-2015
Apertura  do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico para o persoal da Facultade de Fisioterapia.
Prazo para pedir cita: dende o 27 de abril ata o día 5 de maio.
Onde se pide cita: na conserxería da Facultade de Fisioterapia.
Lugar para facer a analítica e o recoñecemento médico: instalacións de UNIPRESALUD, situadas na Avda. da Estación,  Nº7  Baixo.
Para máis información consultar as instrucións que se atopan na conserxería da Facultade de Fisioterapia. 
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprlformacionesaude@uvigo.es