Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Fondo pesar e recoñecemento polo seu compromiso coa igualdade

Unidade de Igualdade

03-05-2022

Dende a Unidade de Igualdade sumámonos ao fondo sentimento de tristeza que nos invade hoxe pola repentina perda do noso compañeiro Manolo Ramos Cabrer e queremos recoñecer públicamente o seu forte e firme compromiso coa igualdade de xénero. Dende o Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado sempre foi un aliado decisivo no impulso das políticas de igualdade na nosa institución. A súa excepcional calidade humana, académica e profesional  permanecerá como unha gran fonte de inspiración. DEP.