Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resultado sorteo vogais comisións prazas OEP 19, 20 e 21 de prazas de PCD, PTU E CATEDRÁTICO/A DE UNIVERSIDADE

Información ao PDI

18-05-2022 ata: 19-12-2022

ACORDO DA COAP DO 18 DE MAIO DE 2022 SOBRE O SORTEO DA ORDE DOS VOGAIS DAS COMISIÓNS DE SELECCIÓN DOS CONCURSOS DE ACCESO DE PRAZAS DE PROFESORADO CONTRATADO DOUTOR (PCD), PROFESORADO TITULAR DE UNIVERSIDADE (PTU) E DE CATEDRÁTICOS/AS DE UNIVERSIDADE (CU) CORRESPONDENTES ÁS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO (OEP) DOS ANOS 2019, 2020 e 2021


Na Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP) do 18 de maio de 2022, tivo lugar o sorteo da orde dos vogais das comisións de seleccións dos concursos de acceso propostas polos departamentos, das seguintes prazas:
- 24 prazas de PCD (OEP dos anos 2019 e 2021)
- 48 prazas de PTU (OEP dos anos 2020 e 2021).
- 8 prazas de CU (OEP do ano 2021).
Unha vez celebrado o dito sorteo, a COAP toma o seguinte ACORDO:
Os vogais titulares e suplentes das propostas das comisións de selección enviadas polos departamentos, terán a seguinte orde:
Vogal titular 1, o que figura na proposta como vogal 5
Vogal titular 2, o que figura na proposta como vogal 1
Vogal titular 3, o que figura na proposta como vogal 6
Vogal suplente 1, o que figura na proposta como voga 4
Vogal suplente 2, o que figura na proposta como vogal 2
Vogal suplente 3, o que figura na proposta como vogal 3