Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

RR do 25 de xuño de 2015 pola que se publica a listaxe definitiva de prazas adxudicadas e a listaxe de agarda na convocatoria de prazas para a escola infantil do Campus de Ourense

Información xeral

26-06-2015 ata: 31-10-2015

Publicación da resolución reitoral do 25 de xuño de 2015 pola que se publica a listaxe definitiva de prazas adxudicadas e a listaxe de agarda na convocatoria de prazas para a escola infantil do Campus de Ourense para o curso 2015/16.

Establécese un prazo dende o 26 de xuño ao 3 de xullo para formalizar a matrícula na escola infantil. No caso en que non formalicen a matrícula no prazo, agás casos de forza maior debidamente xustificada, entenderase que renuncia á praza que lle foi asignada.