Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cursos de formación en lingua galega

Información xeral

06-07-2015 ata: 18-09-2015

Informámosvos de que xa está aberto o período de matrícula da nova oferta formativa en lingua galega.

Presencial

  • Curso de extensión cultural (nivel inicial) (75 horas): do 24 de setembro ao 17 de decembro

Virtuais

  • Curso de redacción de documentos administrativos (20 horas): do 5 de outubro ao 13 de novembro
  • Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación (20 horas): do 28 de setembro ao 30 de outubro
  • Sácalle partido ao correo electrónico: atallos, facilidades e redacción correcta (20 horas): do 5 de outubro ao 6 de novembro
  • Curso de harmonización, normalización e unificación textual (20 horas): do 2 de novembro ao 4 de decembro
  • As redes sociais como ferramenta para dar a coñecer o teu perfil profesional (15 horas): do 2 de novembro ao 4 de decembro

Máis información en:  https://bubela.uvigo.es/

Un saúdo,

ANL