Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiros Campus Ourense-listaxe provisoria solicitudes admitidas e excluídas a trámite

Bolsas e axudas

19-12-2023 ata: 19-12-2024

Bo día.

Con data 12 de decembro de 2023 publícase a listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na Convocatoria de axudas para a organización de obradoiros no segundo cuadrimestre do curso 2023/24, no Campus de Ourense.

 

Establécese un prazo de alegacións de 5 días hábiles para emendar os erros, achegar documentación requirida ou presentar as alegacións que se consideren oportunas. Dito prazo comezará a contar dende o día seguinte á publicación desta resolución na sede electrónica da Universidade de Vigo.

A persoa que coordina o obradoiro presentará as alegacións a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/) entrando no procedemento “Emenda e mellora da solicitude”.