Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de 35 bolsas de aloxamento para estudantes do Campus de Ourense curso 2015-2016

Bolsas e axudas

02-07-2015 ata: 23-10-2015

Con data do 2 de xullo de 2015 publicouse a Resolución Reitoral, pola que se convocan 35 bolsas de aloxamento para estudantes do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, para o curso 2015-2016.

As bolsas poderán ser solicitadas no modelo oficial dende o 15 de xullo ata o 23 de outubro de 2015, e presentaranse, xunto a documentación requirida no rexistro xeral da Universidade de Vigo, nos rexistros auxiliares dos campus universitarios ou en calquera das dependencias previstas no artigo 38.4. da Lei 30/1992.

O impreso de solicitude estará dispoñible na Secretaría Virtual  http://seix.uvigo.es