Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Prazo extraordinario presentación propostas Curso Experto/Especialista

Información ao PDI

11-03-2024 ata: 11-03-2024

A Comisión de Estudos do Centro de Posgrao e Formación Permanente, reunida o pasado día 6 de marzo, acordou abrir un prazo extraordinario de presentación de propostas de curso de Experto/Especialista para as datas que se se especifican no seguinte cadro:

 

  • Proposta de calendario extraordinario para á presentación e aprobación de títulos de Experto/Especialista no primeiro cuadrimestre do curso 2024-2025

ACTIVIDADE

RESPONSABLE

DATAS (2024)

FORMALIZACIÓN

Aprobación das propostas nos centros organizadores

Xunta de Centro, Departamento, Instituto.

Ata o 12 de Abril

Proposta do título propio xunto coa planificación docente e previsión económica. Os formularios están dispoñibles en: http://cpfp.uvigo.gal/gl/a-escola/normativa-e-formularios/

A presentación da proposta asinada farase na sede electrónica da UVigo dirixida ao SXEP. A documentación completa pode ser enviada por correo electrónico ao SXEP

Exposición pública á Comunidade Universitaria

CPFP

Do 15 ao 26 de Abril

Publicación na web da UVigo e comunicación á comunidade universitaria

Recollida de alegacións

SXEP

Ata o 30 de Abril

As alegacións presentaranse na sede electrónica da UVigo

Aprobación das propostas

Comisión de Estudos

Antes do 10 de Maio

O SXEP emitirá un informe da proposta

No caso de non aprobación enviarase un informe ao coordinador/a do título indicando os aspectos que se deben modificar

Modificación das propostas non valoradas positivamente e nova aprobación no centro organizador

Xunta de Centro, Departamento, Instituto

Antes do 28 de Maio

 

Aprobación das propostas modificadas

Comisión de Estudos

Antes do 31 de Maio

 

Aprobación de “outras reducións de prezo” de ser o caso

Consello Social

Antes do prazo de matrícula

A sección de prezos públicos enviará ao CS a proposta de reducións de prezo

Inicio da prescrición

SXEP

3 de Xuño

 

Inicio da matrícula

SXEP

15 de Xullo

 

Fin da prescrición

SXEP

6 de Setembro

 

Fin da matrícula

SXEP

13 de Setembro

 

 

Contacto para o caso de dúbidas: Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao

negociado.formacionpermanente@uvigo.gal / 986 81 19 50