Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Invitación Xornada de Portas Abertas CACTI 2024

Información xeral

19-03-2024 ata: 17-04-2024

TAN PRETO TAN LONXE, ACHÉGATE A COÑECERNOS

O CACTI, Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación, organiza unha xornada de portas abertas, para que os membros da comunidade universitaria coñezan as instalacións, técnicas, instrumentación, posibilidades analíticas e os traballos e servizos que ofrece o Centro.

A pesar de que o CACTI leva 30 anos de actividade hai membros da comunidade que descoñecen as posibilidades e oferta do centro.

Animámosche a que participes na xornada de portas abertas do xoves 18 de abril. Para que non teñas escusas, organizamos dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde. É necesario facer a reserva a través deste formulario. O número máximo de prazas é de 40 por sesión, que se irán aceptando por orde de chegada. Para máis información visite a nosa páxina web.

 

Un saúdo,

 

Sandra Bolaño García

Directora CACTI