Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cursos extensión universitaria Campus Ourense-listaxe provisoria solicitudes admitidas a trámite

Información xeral

09-04-2024 ata: 09-04-2025

R.R. do 9 de abril de 2024 pola que se publica a relación provisoria de solicitudes admitidas a trámite na convocatoria para organizar cursos de extensión universitaria da Universidade de Vigo para o ano 2024, no Campus de Ourense.

Segundo establece a base sexta da convocatoria, ábrese un prazo de cinco días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación, para emendar os erros, achegar a documentación requerida ou presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Para tal fin a persona que coordina o curso presentará a documentación de alegacións a través da sede electrónica da Universidade de Vigo ( https://sede.uvigo.gal/) a través do procedemento “Emenda e mellora da solicitude” e facendo referencia ao número de rexistro da solicitude inicial.