Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura do prazo de preinscrición do curso Estratexias metodolóxicas para mellorar a docencia en materias universitarias incorporando nelas actividades para fomentar que o estudantado faga un uso ético, creativo e crítico da IA xenerativa

Formación de Profesorado

12-04-2024 ata: 24-05-2024

Comunicámoslle que o venres 12 de abril ás 12 horas ábrese o prazo de preinscrición no curso Estratexias metodolóxicas para mellorar a docencia en materias universitarias incorporando nelas actividades para fomentar que o estudantado faga un uso ético, creativo e crítico da IA xenerativa.

Trátase dun curso de 25 horas que se desenvolverá na modalidade virtual síncrona (con 12 horas de traballo autónomo) e será impartido por Alfredo Prieto Martín.

Calendario:
As sesións conxuntas desenvolveranse os días 3, 4, 5, 10 e 11 de xuño de 15.30 a 17.30 horas.

As sesións de posta en común das propostas das persoas participantes (cada participante só deberá asistir á do seu equipo) desenvolveranse os seguintes días:

- Grupo disciplinar 1: 01/07/2024 de 11.30 – 13.30.
- Grupo disciplinar 2: 01/07/2024 de 15.30 – 17.30.
- Grupo disciplinar 3: 02/07/2024 de 11.30 – 13.30.
- Grupo disciplinar 4: 02/07/2024 de 15.30 – 17.30.
- Grupo disciplinar 5: 04/07/2024 de 11.30 – 13.30.
- Grupo disciplinar 6: 04/07/2024 de 15.30 – 17.30.

Pode ler o programa do curso aquí

Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20 % da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.