Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Actividades Área Benestar, Saúde e Deporte en abril

Deporte e benestar

11-04-2024 ata: 30-04-2024

 

Ruta cultural 10. A Costa da Morte. Carnota

Data: Sábado 20 de Abril

Localización: Carnota (A Coruña)

Destinos: Louro (Muros), praia de Area Maior, Lariño, Lira, Carnota

Dificultade: Media-baixa

Distancia: 17 km

A ruta permite descubrir varias praias de singular beleza, como Praia de Area Maior, Praia de Lariño e Praia de Carnota. Cada unha destas praias ten o seu propio encanto, desde extensos areais ata calas recónditas, proporcionando momentos de relaxación e conexión coa natureza.Non só brinda a oportunidade de gozar da espectacular beleza natural da Costa da Morte, senón que tamén permite mergullarse na historia marítima e cultural da rexión. Cada paso revela a interconexión entre a vida local, a natureza impoñente e as tradicións arraigadas na historia desta fascinante parte de Galicia.

Máis información en: https://acortar.link/vzH7NK

 

Abono Muver

Todas as vantaxes do Abono Muver, agora coa modalide mensual por 15,75€ para a comunidade universitaria.

- Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.

- Valoración antropométrica.

- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).

- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness.

- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.

Máis información en: https://acortar.link/foDYXH

 

Valoración da composición corporal

Servizo de valoración da composición corporal e as melloras do teu adestramento e que está incluído coas entradas nas salas de fitness dos tres campus.

Máis información en: https://acortar.link/PpBPW5