Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións representantes de estudantes ao Claustro Universitario: Censo definitivo e presentación de candidatura

Información xeral

15-04-2024

Bo dia,

De acordo co calendario electoral, hoxe luns, 15 de abril de 2024 publicáronse no taboleiro electrónico oficial os censos definitivos de estudantes de 1º e 2º ciclo e de 3º ciclo. Poden consultarse na seguinte ligazón: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=31120218

Prazo de presentación de candidatura

O prazo para presentar candidaturas estará aberto do 16 ao 18 de abril de 2024 (ambos inclusive).

A presentación realizarase a  través da sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase na seguinte ligazón e estará operativo a partir do martes, 16 de abril de 2024: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/26288090 

Distribución do número de representantes por circunscrición (aprobado na comisión electoral do 12 de abril de 2024)

Orde das persoas candidatas nas papeletas oficiais de votación: a 1ª letra V e a 2º letra N resultaron elixidas no sorteo da comisión electoral do 12 de abril de 2024 (art. 9.2º f do REX)

Toda a información e a documentación relacionada cos ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en:

Eleccións de representantes de estudantes no Claustro Universitario: https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia/eleccions-ao-claustro