Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións formativas en liña sobre a biblioteca virtual ELibro no mes de abril

Biblioteca

16-04-2024 ata: 01-05-2024

Durante o mes de abril ELibro ofrece sesións de formación en liña sobre a súa biblioteca virtual e a nova app para a descarga de libros. Están dirixida a estudantes, persoal docente e investigador, e persoal bibliotecario. Cada sesión ten unha duración de 30 minutos e as persoas interesadas poden inscribirse en calquera das sesións (son todas iguais agás a sesión para administración da plataforma).

Xa está aberto o prazo de inscrición, que debe facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

Datas e horas das sesións

Martes 16: 13:00 horas. Inscrición

Mércores 17: 16:00 horas. Inscrición

Xoves 18: 13:00 horas. Inscrición

Martes 23: 13:00 horas. Inscrición

Xoves 25, para administradores/as: 13:00 horas. Inscrición

Martes 30: 13:00 horas. Inscrición

Obxectivos: Buscar, crear unha conta, suliñar, compartir carpetas, ler en liña, descargar etc.

Ferramentas de administración (só na sesión para administradores/as): xestión de contas, informes de uso, configuración xeral, rexistros MARC.

Máis información: www.elibro.es

As formacións celébranse a través da ferramenta Zoom e poden seguirse no PC ou no móbil. As persoas que participen nalgunha das sesións poden solicitar o certificado de asistencia mediante unha mensaxe de correo electrónico a capacitacion@elibro.com

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo