Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión de formación en liña "Discover Scopus AI: your gateway to trusted research content" (22 de abril)

Biblioteca

17-04-2024 ata: 23-04-2024

O vindeiro luns 22 de abril terá lugar a sesión formativa en liña “Discover Scopus AI: your gateway to trusted research content”, organizada por Elsevier, sobre o uso da intelixencia artificial en Scopus para mellorar a busca de contido de investigación.

Scopus AI é unha ferramenta de busca que xera contidos sobre a consulta dos resumos de publicacións indexadas en Scopus.

Día: Luns 22 de abril.

Hora: 14:30 h.

Medio: Go to Webinar.

Idioma: Inglés

Inscrición: Faga clic aquí

 

Máis información sobre Scopus IA: 

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo