Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións de representantes de estudantes no Claustro Universitario - Proclamación provisional de candidaturas

Información xeral

25-04-2024

Bo día,

De acordo co calendario electoral, hoxe xoves, 25 de abril de 2024, publicouse no taboleiro oficial a proclamación provisional de candidaturas do proceso de elección de representantes de estudantes no Claustro Universitario.

O prazo de reclamación ou renuncia abrangue do 26 ao 30 de abril de 2024 (ambos inclusive).

Neste período as persoas candidatas, proclamadas ou non, poderán presentar ante a Comisión Electoral un escrito razoado de reclamación ou renuncia. 

A presentación realizarase a  través da sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase na seguinte ligazón e estará operativo a partir do venres, 26 de abril de 2024: SXER - Reclamación á proclamación provisoria de candidaturas. Eleccións estudantado– Claustro (uvigo.gal)

Toda a información e a documentación relacionada cos ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en: