Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nova convocatoria AECID Accións de cooperación ao desenvolvemento no ámbito da innovación 2024

Información ao PDI

29-04-2024 hasta: 29-04-2025
Prezado PDI:

Informámosvos que acabamos de ter coñecemento na Oficina de Proxectos Internacionais, Área de Educación, da nova publicación por parte da AECID da Resolución da Convocatoria anual de subvencións para a realización de accións de cooperación ao desenvolvemento no ámbito da innovación 2024 (BOE 26 de abril de 2024) (https://www.boe.es/boe/dias/2024/04/26/pdfs/BOE-B-2024-15130.pdf).

A presente convocatoria que conta cun orzamento total de 1M, ampliable a un máximo de 11,5 M  ten como obxecto o financiamento de:
  • Accións de innovación que aborden desafíos sociais, económicos, medioambientais e de desenvolvemento da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Estas accións deberán impulsar solucións innovadoras, xa desenvolvidas e testadas exitosamente a nivel piloto co fin de aplicalas e replicalas a maior escala para lograr un desenvolvemento sostible e incluínte. 

    Prioridades temáticas e liñas de acción: 1) Desenvolvemento Rural, Seguridade Alimentaria, Nutrición e Agricultura; 2) Medioambiente e Cambio Climático; 3) Saúde; 4) Igualdade de xénero; 5) Crecemento económico; 6) Educación; 7) Gobernanza democrática; 8) Dixitalización e desenvolvemento sostible.
     
    Pódense presentar propostas de accións de innovación para un ou varios dos seguintes países PMD (Etiopía, Mauritania, Mozambique, Níxer, Mali, Nixeria, Senegal e Haití), de asociación de renda media (Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, Honduras, Marrocos, Nicaragua, Palestina, Paraguai, Perú  e República Dominicana), de cooperación avanzada (Arxentina, Brasil, Chile, Costa Rica, México, Panamá, Uruguai, Cabo Verde, Exipto, Guinea Ecuatorial, Tunisia e Xordania) así como Líbano, campamentos para a poboación saharaui refuxiada en Tinduf (Alxeria), Siria, Afganistán e Ucraína.
     
    subvención mínima por acción non poderá ser inferior a 400.000 euros, nin superior a 900.000 euros. O importe da subvención concedida non poderá ser superior ao 80% do custo total da proposta (é necesaria a aportación doutros fondos por un mínimo do 20% sobre o importe total).
     
    As agrupacións deberán estar integradas por dous entidades de tipoloxía distinta: sector privado empresarial; entidades do sector social inscritas no rexistro de ONGs; entidades do ámbito académico e investigación.
  • Accións de coñecemento no ámbito da innovación que comprenderán investigacións e estudios aplicados acompañados de formacións e/ou seminarios, que conten cun compoñente innovador, e referidos ás áreas temáticas incluídas na convocatoria. Valorarase a natureza innovadora de cada proposta e a súa aplicabilidade, cofinanciándose tamén a fase piloto ou experimental.
     
    Financiarase como máximo unha proposta de cada un dos seguintes ámbitos temáticos: 1) Nexo Humanitaria/desenvolvemento; 2) Empresa e Dereitos Humanos; 3) Dixitalización incluínte e dereitos dixitais; 4) Enfoque de desigualdades; 5) Eliminación de barreiras regulatorias e obstáculos ao investimento privado; 6) Emprego produtivo de remesas, migración circular e incentivos ao emprendemento local; 7) Auga en África e Oriente Medio.

    As accións de coñecemento executaranse en España e contribuirán a mellorar o traballo cooperativo no conxunto de países e territorios onde opera a Cooperación Española.
     
    subvención mínima para financiar as actividades de coñecemento non poderá ser inferior a 100.000 euros nin superior a 500.000 euros. Financiarase o 100% do custo total da subvención.

número de propostas que cada entidade pode presentar en total a esta convocatoria, como líder ou como integrante dunha agrupación, baixo as fórmulas de agrupación, contratación ou subcontratación, non poderá ser superior a 2 para as accións de innovación e 1 para as accións de coñecemento.

Tendo en conta que o prazo de peche de presentación de solicitudes fixado pola AECID é o 29 de maio ás 23:59 h. e de cara a realizar unha selección preliminar na UVigo, o PDI interesado nesta convocatoria deberá manifestar de forma expresa o seu interese en concorrer á mencionada convocatoria antes do día 6 de maio de 2024, enviando ao correo electrónico da Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Proxectos Internacionais de Educación: opi.edu1@uvigo.es a seguinte información:

O proceso de selección será realizado pola comisión de investigación da UVigo tendo en conta os criterios de avaliación establecidos na convocatoria na sección 2.1 Criterios de valoración. 

Unha vez seleccionadas as dúas propostas que presentaría a UVigo para as accións de innovación e a proposta para as accións de coñecemento no ámbito da innovación, informaremos aos/ás coordinadores/as dos proxectos seleccionados para que continúen coa elaboración das súas propostas co apoio do persoal da Área de Proxectos Internacionais de Educación da OPI.

As bases, instrucións técnicas, preguntas frecuentes, formularios da convocatoria, manual de usuario de solicitude, así como información específica poden consultarse premendo aquí

(https://www.aecid.gob.es/detalle-procedimiento-activo?p_p_id=es_aecid_sede_procedimientos_ProcedimientoWebPortlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&refererPlid=4866&_es_aecid_sede_procedimientos_ProcedimientoWebPortlet_id=workspace%3A%2F%2FSpacesStore%2Fbc76074f-94ba-4a92-931e-157cfedf33b3)

Asemade, e por se fose do seu interese, remitimos a ligazón (https://www.youtube.com/watch?v=gdjJiIGGp6w) ao vídeo informativo sobre as convocatorias de subvencións 2024 organizado pola AECID o pasado 21 de marzo de 2024.

Un saúdo moi cordial,

Eva Garea Oya
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación
Oficina de Proxectos Internacionais
Universidade de Vigo