Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Eleccións de representantes de estudantes no Claustro Universitario 2024

Información xeral

02-05-2024

Bo día,

O luns, 6 de maio de 2024, publicarase a proclamación definitiva de candidaturas a representantes de estudantes no Claustro Universitario, data na que se elaborarán os documentos preparatorios para a impresión das papeletas de votación. Por acordo da Comisión Electoral, pemítese que as persoas candidatas a representantes de estudantes no Claustro, que desexen presentar a súa renuncia, o poidan facer ata o propio día 6 de maio de 2024, dirixindo as súas eventuais peticións á propia Secretaría Xeral, que admitirá as solicitudes que se presenten, por delegación da Comisión. 

Así mesmo, lémbrase que o prazo para propoñer o nomeamento de persoas interventoras esténdese ata o venres, 3 de maio de 2024, isto é, 8 días naturais antes da votación, como dispoñe o regulamento electoral xeral.