Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad para a adquisición ou mellora de competencias para a transición ecolóxica, no marco do Programa Empleaverde+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo+ en 2024

Información ao PDI

02-05-2024 ata: 02-05-2025

Estimado PDI:
Achégase información relativa á 'Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad F.S.P. para a adquisición ou mellora de competencias para a transición ecolóxica, no marco do Programa Empleaverde+, cofinanciado polo Fondo Social Europeo+ en 2024'.

Obxectivo da convocatoria: apoio a proxectos de adquisición ou mellora de competencias, dirixidos a persoas desempregadas ou traballadores, que respondan aos retos e oportunidades vinculados á transición ecolóxica. Impulsaranse accións que conduzan á redución das brechas de xénero e á igualdade de oportunidades e trato entre homes e mulleres.
* Duración dos proxectos: desde 7 meses ata 2 anos.
* Dotación da convocatoria: ata 30 millóns de euros. Importe dos proxectos: entre 150.000€ e 2.000.000€.
* Co-financiación da axuda do FSE+ e dotación máxima por categoría de rexión: Galicia, o 60%.
* Data límite de presentación de solicitudes: ata o 2 de xuño de 2024.
* Temáticas: 14 eixes prioritarios: 1. Renaturalización urbana, 2. Xestión do patrimonio natural e espazos protexidos, 3. Restauración ecolóxica, 4. Turismo de natureza sostible, 5. Explotacións agrarias sostibles (agricultura, gandería, apicultura), 6. Pesca e acuicultura sostibles, 7. Xestión forestal sostible, 8. Rehabilitación enerxética de edificios e eficiencia enerxética, 9. Construción de vivendas de baixo consumo, 10. Medio urbano: planificación urbana e mobilidade sostible, 11. Produción de enerxías renovables, 12. Emerxencias climáticas: protección e resposta a eventos extremos, 13. Medios de transporte electrificados (vehículo eléctrico) e 14. Economía circular.
* Entidades beneficiarias: persoas xurídicas públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro (por exemplo: concellos, ONGs, centros de formación, centros de inserción laboral, empresas, centros tecnolóxicos, etc.). Pódense presentar individualmente ou en grupo. Deberase designar unha entidade coordinadora do grupo.
* Persoas participantes nos proxectos: persoas desempregadas, traballadoras, emprendedoras. Colectivos sociais prioritarios: mulleres, persoas residentes en zonas rurais, zonas protexidas ou en concellos de transición xusta. Outros: mozos de entre 18 e 29 anos ou persoas de 45 ou máis anos ou participantes de orixe estranxeira (que non teñan a nacionalidade española) ou persoas con discapacidade.

Liñas da convocatoria:  

Liña 1. Capacitación para a adquisición ou mellora de competencias para o emprego verde.
→ Proxecto típico: formación 100% para facilitar o acceso ao mercado laboral, promover a reciclaxe profesional e o emprendemento verde das persoas participantes.
→ Resultados acadados: número de persoas que obteñen unha titulación.
→ Accións: accións formativas, asesoramento/acompañamento, comunidade de prácticas ou accións de innovación social.
→ Todas as persoas deben participar como mínimo nunha acción formativa e recibir contidos sobre igualdade de oportunidades e “soft skills”.
→ Solicitante/s: proxecto presentado por unha entidade ou por varias entidades dun grupo. No caso de grupos: máximo 6 entidades por grupo e polo menos 75.000 € por entidade que integra o grupo.
Ata 3 solicitudes por entidade.
→ Participantes: dirixido a persoas desempregadas ou traballadoras sen restricións de idade.

Liña 2. Capacitación práctica para persoas desempregadas “aprendendo traballando”- Proxectos 2.1
→ Solicitante/s: proxecto presentado por unha entidade ou por varias entidades dun grupo.
→ Proxectos típicos: proxectos 2.1 de formación e contratación.
→ Accións: acción formativa (1-4 meses) e despois acción de contratación (duración mínima de 6 meses).
→  Contratación: calquera tipo de contrato laboral segundo a normativa laboral vixente, agás o contrato de formación en alternancia.
→  Todas as persoas participantes no proxecto deben recibir contidos sobre igualdade de oportunidades e “soft skills”.
Máximo 1 solicitude por entidade.
→ Participantes: Persoas desempregadas sen límite de idade.

Liña 2: Formación para persoas desempregadas “aprendendo traballando” – Proxectos 2.2
→ Proxectos típicos: proxectos 2.2 de contrato formativo alternativo.
→ Actuacións: acción de contratación para a formación en alternancia co emprego (duración mínima de 6 meses).
→ A formación deberá impartirse durante o período de vixencia do contrato e pertencer a un certificado profesional ou a outra especialidade formativa (dentro do catálogo de especialidades formativas do Servicio Público de Emprego).
→ Todas as persoas participantes no proxecto deben recibir contidos sobre igualdade de oportunidades e “soft skills”.
→ Participantes: persoas desempregadas menores de 30 anos. Poderase superar esta idade cando se trate dunha persoa con discapacidade, en risco de exclusión social ou a capacitación estea vinculada a un certificado profesional de nivel 3.

Dado que esta convocatoria prevé admitir como máximo tres propostas por entidade solicitante na liña 1 (tanto si é presentada individualmente como en agrupación) e unha proposta por entidade solicitante na liña 2 e de cara a realizar unha selección preliminar na UVigo, o PDI interesado deberá manifestar de forma expresa o seu interese en concorrer á mencionada convocatoria antes do día 13 de maio de 2024, enviando ao correo electrónico da Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Proxectos Internacionais de Educación: opi.edu1@uvigo.es a seguinte información:

- Acción pola que opta: liña 1 ou liña 2 (2.1 ou 2.2).
- Nome da persoa que coordinará o proxecto na UVigo.
- CV abreviado.
- Título do proxecto e resumo do proxecto empregando o formulario específico da convocatoria (un primeiro borrador) relativo á memoria técnica.
O modelo de memoria técnica pode obterse en: https://empleaverde.es/convocatoria/convocatoria-de-subvenciones-de-la-fundacion-biodiversidad-f-s-p/

Seleccionar: 'presentar solicitud', incluír NIF e número de NIF e dar a aceptar.
A continuación, no menú de convocatorias dispoñibles, seleccionar: 'Programa Empleaverde+ 2024' e facer click en ver 'documentación informativa'. Descargar documentos baixo o epígrafe correspondente:

O proceso de selección será realizado pola comisión de investigación da UVigo tendo en conta os criterios de avaliación establecidos na convocatoria na sección de procedemento de avaliación e en concreto: a) adecuación do proxecto ao obxectivo da liña da convocatoria á que se presenta (si/non); b) criterios específicos (máx. 50 puntos): criterios sociais, criterios técnicos; c) criterios estratéxicos (máx. 50 puntos): 1) actuación en ámbitos territoriais prioritarios, 2) relevancia da capacitación para a transición ecolóxica e 3) sinerxias e complementariedade.

Toda a información (bases, convocatoria 2024, documento de preguntas frecuentes, guía de presentación de solicitudes, listado de zonas rurais e municipios de transición xusta, etc.) está dispoñible en: https://empleaverde.es/convocatoria/convocatoria-de-subvenciones-de-la-fundacion-biodiversidad-f-s-p/

Remítese o enlace á presentación da xornada informativa desta convocatoria: https://empleaverde.es/convocatoria/convocatoria-de-subvenciones-de-la-fundacion-biodiversidad-f-s-p/

Un saúdo moi cordial,

Eva Garea Oya
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación
Oficina de Proxectos Internacionais
Universidade de Vigo