Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Novidades de maio - Área Benestar, Saúde e Deporte

Deporte e benestar

03-05-2024 ata: 31-05-2024

Abono Muver

Todas as vantaxes do Abono Muver, agora coa modalide mensual por 15,75€ para a comunidade universitaria.

- Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.

- Valoración antropométrica.

- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura.

- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness.

- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.

Máis información en: https://acortar.link/foDYXH

 

Valoración da composición corporal

Servizo de valoración da composición corporal e as melloras do teu adestramento e que está incluído coas entradas nas salas de fitness dos tres campus.

Máis información en: https://acortar.link/PpBPW5

 

Exploracampus 2024

Anímate a participar nunha nova edición do Exploracampus con actividades no Campus de Vigo.

-9 maio: Iniciación á escalada indoor.

-10 maio: Andaina do solpor do Monte Galiñeiro.

Actividades de balde. Cómpre inscrición previa.

Toda a información e incricións en: https://acortar.link/35Yzve