Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e Celga nas EOI

Información xeral

14-08-2015 ata: 04-01-2016

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) onte publicou unha nova convocatoria de cursos de linguaxe administrativa, presenciais e en liña, e cursos Celga nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se reallizarán en distintos períodos e en varias escola oficiais de idiomas de Galicia.

 Matrícula:

  • Desde o 14/08/2015 e ata o 11/09/2015 (para os cursos do 1.º cuadrimestre).
  • Desde o 14/12/2015 ata o 4/01/2016 (para os cursos do 2.º cuadrimestre).
  • Só se poderá facer unha solicitude dun único curso nunha soa escola oficial de idiomas. De existir máis dunha solicitude do/a mesmo/a aspirante, anularanse todas as súas peticións.
  • Os cursos de linguaxe administrativa están dirixidos ao persoal da Administración pública; no caso de quedaren prazas libres, poderán acceder a estes cursos outras persoas que presentasen a solicitude. 
  • As solicitudes presentaranse na secretaría da correspondente escola oficial de idiomas.

 Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.html

 

Un saúdo,

ANL