Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico para o persoal do Edificio de Ciencias Experimentais.
Prazo para pedir cita: dende o 1 ata o 15 de setembro.
Onde se pide cita: na conserxería do Edificio de Ciencias Experimentais.
Lugar para facer a analítica e o recoñecemento médico: Unidade de Vixilancia da Saúde do Campus (ao lado da Biblioteca Central).
Para máis información consultar as instrucións que se atopan na conserxería do Edificio de Ciencias Experimentais.
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprlformacionesaude@uvigo.es