Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resultados provisionais das Enquisas de Avaliación Docente do curso 2014-15

Información ao PDI

02-09-2015 ata: 22-09-2015

Infórmase a todo o profesorado da Universidade de Vigo que xa están dispoñibles para a súa consulta os resultados provisionais das Enquisas de Avaliación Docente do curso 2014-2015.

 O procedemento para acceder aos resultados é o seguinte:

Páxina da UVigo – Secretaría virtual – Consulta: Acceso aos informes de avaliación docente – Curso: 2014-2015.

Ábrese un prazo ata o 22 de setembro para reclamacións, comentarios ou suxestións, que poderán ser formuladas premendo o apartado formulario de reclamación situado na marxe dereita do informe de avaliación correspondente ao curso 2014-2015, seguindo as indicacións que alí se expresan:

O impreso deberá cubrirse e enviarse electronicamente. Aínda que non é preceptivo, tamén poderá ser entregado, logo de imprimilo a través do Rexistro Xeral, á atención da vicerreitora de Organización Académica e Profesorado.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Área de Apoio á Docencia e Calidade mediante o enderezo: tscalidade2@uvigo.es

Agradecemos de antemán a colaboración no proceso.

  Vigo, 02 de setembro de 2015