Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concerto de Nadal 2015 Universidade de Vigo

Información cultural

01-12-2015 ata: 17-12-2015

Estimados/as membros da comunidade universitaria:

O vindeiro 17 de decembro ás 20:30 h no AUDITORIO MAR DE VIGO, terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.

Este ano asistiremos a presentación mundial de “FAME” primeiro traballo da Orquestra de Jazz de Galicia

acompañada dos seguintes artistas: Toño Domínguez, Edelmiro Fernández, Jesús Manuel Fernández, Xurxo Fernándes, kepa Junkuera, Lilaina, Narf, Eva Otero, Carmen París, Quique Peón, Rodrigo  Romaní, Uxía e Javier Feijoo “Xisco”.

A asistencia a este concerto será por invitación, que deberá descargarse en https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=700

autentificándose como membro da comunidade universitaria e imprimindo o xustifcante, que conta cun código de barras e será o documento co que se acceda ao recinto.

O programa permitirá imprimir unha soa invitación por persoa.

O prazo permanecerá aberto na web desde hoxe ata o remate do número de invitacións ou ata as 12.00 h do día do Concerto.

A partir do día 14 de decembro haberá convites na oficina de Extensión Universitaria ao dispor do público en xeral.

Pregamos aos peticionarios/as que utilicen a súa invitación ou ben a devolvan a esta Vicerreitoría se non vai ser utilizada. 

Agradecémoslle a súa colaboración e difusión para que o Concerto de Nadal sexa un éxito.

Reciba un cordial saúdo.