Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acto de entrega do premio Quintal Literario da Asociación Trabalingua

Concursos e Premios

21-10-2014 ata: 22-10-2014

Trabalingua presenta en público os microrrelatos gañadores do concurso o Quintal literario e as postais que o ilustran na Facultade de Filoloxía e Tradución. Ademais impartirase unha conferencia sobre a creación literaria onde se ofrecera a perspectiva dun antropólogo e dunha escritora.


A Asociación Trabalingua celebrará un acto de presentación dos gañadores do Quintal Literario. O Quintal literario é un concurso de microrrelatos cuxos gañadores e gañadoras foron agasallados cun premio en metálico e a creación dunha postal inspirada no seu relato grazas á colaboración do estudantado da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra.


O próximo mércores 22 de Outubro ás 12.00 presentaranse as postais e os gañadores e gañadoras nun acto no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. A presentación será encetada polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. O acto ten un carácter multidisciplinar, pois acompañarase dunha conferencia-coloquio na que o antropólogo Manuel Mandianes e a escritora Carme Blanco ofrecerán dúas perspectivas diferentes do fenómeno da creación literaria. Todo isto será acompañado por un un recital con música en directo.