Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso de aprendizaxe baseada en competencias e avaliación

Formación de Profesorado

29-03-2016 ata: 30-03-2016

A Área de Formación e Innovación Educativa  comunícalle que está aberto o prazo de preinscrición no curso de Aprendizaxe baseada en competencias e avaliación.

Esta actividade formativa de 12 horas desenvolverase no Campus de Vigo co seguinte calendario: 29 de marzo (de 16 a 20 horas) e 30 de marzo (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas).

Poderá preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/2673

    

Manuel Poblete Ruiz

É doutor en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona, graduado en Maxisterio e licenciado en Filosofía e Letras (especialidade en Psicoloxía). Profesor de Psicoloxía na Universidade de Deusto (Psicoloxía do Traballo e das Organizacións) e  membro do equipo de Innovación docente da devandita universidade. Na empresa privada exerceu como Director Social e Consultor. Coautor de libros relacionados coa temática do curso, como  «Aprendizaje Basado en Competencias. Una propuesta para la evaluación de competencias genéricas» e «Experiencia multidisciplinar del desarrollo de competencias y créditos transferibles en el contexto universitario». Nos últimos quince anos participou como coordinador e como integrante en diversas investigacións sobre perfís profesionais dos directivos de centros educativos, diferenciación de perfís directivos en función do xénero. Asemade ten una longa experiencia como relator en congresos, a nivel nacional e internacional. Na actualidade segue asesorando a diversas universidades de ámbito nacional e internacional na adaptación de plans de estudos aos procesos de innovación docente derivados da declaración de Bolonia.