Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

RR listaxes definitivas bolsas para o inicio de estudos de máster oficial 15-16

Bolsas e axudas

28-04-2016 ata: 31-05-2016

Publícase a resolución reitoral de 28 listaxes definitivas de admitidas e excluídas das bolsas propias para o inicio de estudos en másteres oficiais no curso 2015/2016.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así e todo, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/99, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.