Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

ARQUITECTURAS DA AUGA

Información xeral

05-05-2016 ata: 06-06-2016

O campus de Ourense celebra o día 6 de maio unha xornada que baixo o título 

 

Arquitecturas da Auga

 

ten como obxectivo presentar os proxectos finalistas e o proxecto gañador do edificio do Campus da Auga.

 

A cita comezará coa inauguración ás 16.00horas na Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades, dunha mostra dos proxectos e continuará coa presentación de catro deles por parte dos equipos de arquitectura que os realizaron. Entre os participantes estarán Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez, de Oikos Estudio, autores da proposta gañadora.

 

Acto aberto a todas as persoas interesadas.