Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Encontro Coral Solidario "Ourense Canta"

Información xeral

30-05-2016 ata: 28-08-2016

O día 1 de xuño, mércores, ás 20.30 horas a Sala Principal do Auditorio Municipal de Ourense acolle o bo facer de catro grandes agrupacións corais de Ourense:

Coro Universitario do Campus de Ourense, a Capela Madrigalista, a Coral do Liceo e a Coral de Ruada

nunha actuación organizada pola Área de Cultura da Vicerreitoría do Campus Universitario de Ourense en colaboración coa Concellería de Cultura de Ourense e destinada a recardar fondos para proxectos de ACNUR, Acto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.

Non é doado ter unha ocación única como ésta, xuntar a Coral de Ruada, a Capela Madrigalista, a Coral do Liceo e o noso Coro Universitario do Campus de Ourense. Só pasa unha vez e non deberías deixar pasar a oportunidade.

Tamén hai unha fila 0 para aquelas persoas que o desexen podan facer a súa aportación na conta ES42 2100 2262 1602 0028 6870 de ACNUR e o concepto "Encontro coral solidario Ourense".

As entradas son a 5 euros e poden collerse na Unidade Administrativa do Campus de Ourense ata o mércores día 1 (horario de mañán) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes do concerto.