Matrícula

Existe algún portal coa información relativa á matrícula nas titulacións da Universidade de Vigo

Si, toda a información relativa á matrícula en titulacións oficiais na Universidade de Vigo está dispoñible no portal de matrícula.

Nese portal dispós tamén dos datos de contacto das secretarías de alumnos de cada un dos centros.

Ir á FAQ

¿Como debo acceder ao sistema de automatrícula?

Elixe o teu caso de entre os seguintes:

  • » Son futuro alumno (empezo na universidade de Vigo este ano). Vou matricularme en:
    • Grao:

    1º curso por primeira vez (preinscripción CIUG). Matricúlate!

    Admisión por recoñecemento de créditos (traslado) ou adaptación ó grao. Matricúlate!

  • »Xa son alumno da UVigo. Vou matricularme en:
    • Grao Continuación de estudos (1º, 2º, 3º ou 4º curso).
    • Mestrado  (preinscrición e matrícula).
    • Doutoramento (preinscrición e matrícula). 

    Entra na túa Secretaría Virtual, e no subapartado Automatrícula poderás realizar calquera dos trámites indicados enriba.

IMPORTANTE: Só poderás acceder se existe un prazo de preinscrición ou matrícula activo. Consulta as datas no portal de matrícula.

Máis información

Podes atopar toda a información relativa á matrícula no noso portal de matrícula


Ir á FAQ

Teño dúbidas ou problemas para automatricularme

Calquera dúbida, incidencia, problema, etc. relacionada coa matrícula ou automatrícula débela consultar na secretaría do teu centro.

Na web de matrícula atoparás uns epígrafes onde podes obter os datos de contacto dos centros.

Ir á FAQ

.:: Para calquera dúbida ou problema pode enviar unha incidencia | Esqueceu o contrasinal ou o NIU? ::. ::.