Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

.:: Formulario de Suscrición - Boletín EAFP ::.

Escola Aberta de Formación Permanente - Universidade de Vigo

Subscrición ao boletín de noticias da Escola Aberta de Formación Permanente

Os boletíns serán de periodicidade mensual e recollerán a actualidade dos títulos propios da Universidade de Vigo.

Recibiranse por correo electrónico e terán un formato sinxelo e visual que che permitirá obter máis información dos cursos do teu interese.

 

Tratamento de datos persoais

1.- Responsable do tratamento:

A Universidade de Vigo é a responsable do tratamento dos datos de carácter persoal e cumpre cos principios de transparencia e información conforme aos artigos 12 e 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

2.- Finalidades:

Os datos persoais facilitados serán tratados coa seguinte finalidade:

  • Remitir información relacionada coa oferta dos programas de formación permanente e outras actividades organizadas pola Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo.

3.- Lexitimación:

A Universidade de Vigo está lexitimada para o tratamento da información persoal de acordo cos principios de licitude sinalados no artigo 6 do RXPD, e especialmente en cumprimento de obrigas legais, dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos. O tratamento está amparado, principalmente, na Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades para a prestación do servizo de educación superior que ten encomendada, así como en toda a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, a Universidade está lexitimada pola Lei 6/2013, de 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, os Estatutos da Universidade de Vigo e a súa normativa de desenvolvemento.

4.-  Destinatarios:

Os datos so serán cedidos nos casos previstos legalmente cando sexa necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento.

Os datos serán cedidos a outras administracións e organismos públicos para o exercicio das competencias que lles sexan propias e compatibles coas finalidades enunciadas.

5.- Prazos de conservación:

Estes datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades para as que se recolleron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivo e documentación.

6.- Dereitos:

Vostede ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderanse exercer mediante solicitude dirixida ao reitor e presentada electronicamente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/ (preferentemente empregando o procedemento específico SXER – Exercicio de dereitos sobre protección de datos) ou ben presencialmente ante as Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros e oficinas indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra).

Igualmente poderase dirixir dita solicitude directamente á Delegada de Protección de Datos: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, se non é atendido o seu dereito, a persoa interesada pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

7.- Máis información:

Pode consultar máis información sobre a protección de datos na Universidade de Vigo en https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.


Datos de contacto
Escola Aberta de Formación Permanente
eafp@uvigo.es
986130293