Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Dereito de acceso á información pública

Formulario para exercer o dereito de acceso á información pública regulado pola lei de transparencia

Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos na lexilación sobre transparencia.

Enténdese por Información pública: os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.

Lembrámoslle que unha gran parte da información está publicada no Portal de transparencia da web. Rogámoslle que consulte a web antes de realizar a solicitude por se a información xa estivera publicada.

Prazo de resposta: 1 mes desde a recepción da solicitude de información

Causas de inadmisión:

  • información en curso de elaboración ou de publicación
  • información de carácter auxiliar como notas, borradores, resumos, informes internos,...
  • información que requira unha acción previa de reelaboración
  • dirixidas a un órgano que non posúe a información cando descoñece ao competente
  • manifestamente repetitivas ou de carácter abusivo non xustificado coa finalidade da normativa de transparencia

Límites ao dereito de acceso: cando a información solicitada supoña un prexuízo para

  • a seguridade nacional, a defensa, as relacións exteriores, e a seguridade pública
  • a prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios
  • a igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva
  • as funcións administrativas de vixiancia, inspección e control
  • os intereses económicos e comerciais, a política económica e monetaria
  • o segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial
  • a garantía de confidencialidade ou o segredo requirido en procesos de toma de decisión
  • a protección do medio ambiente

A aplicación dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso.

Para calquera dúbida diríxase a: Unidade de Análises e Programas
                                                   area.uap@uvigo.es
                                                   986 818689
.:: Para calquera dúbida ou problema pode enviar unha incidencia | Esqueceu o contrasinal ou o NIU? ::. ::.