Publicidade activa

Benvida/o ao Portal de transparencia da Universidade de Vigo. Este portal nace co obxectivo de facilitar a consulta de información actualizada sobre a actividade da Universidade de xeito claro, estruturado, entendible, de fácil acceso, interoperable e reutilizable.

Se non atopa a información que precisa, pode solicitala: Formulario de solicitude de datos

A Universidade de Vigo figura no 2º posto no ránking de transparencia de universidades españolas, no informe elaborado no ano 2016 pola Fundación Compromiso y transparencia

Lexislación relacionada coa transparencia:

Axúdanos a mellorar este portal

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno sinala que "no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública garantiráselle á cidadanía: a realización de propostas e suxestións tanto en torno á información demandada e aos formatos, programas ou linguaxes informáticas empregadas”. Para calquera proposta ou suxestión relacionada con este dereito, así como para trasladar calquera mellora susceptible de incorporarse neste portal, pode empregarse esta canle de suxestións.