Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

RANKINGS.

A Universidade de Vigo, consciente da importancia do rendemento de contas, leva varios anos participando nos ránkings nacionais e internacionais de educación superior máis relevantes. A nosa Universidade está presente nalgúns dos máis importantes.

Para coñecer o histórico de rankings, premios e distincións  pódense consultar nos arquivos correspondentes que se atopan na parte inferior desta páxina.

A UVigo, no top 4% das universidades do mundo segundo o ránking CWUR

A Universidade de Vigo sitúase no top 4% de entre máis de 20.000 universidades de todo o mundo incluídas na edición de 2023 da lista Global 2000 que elabora o Center for World University Rankings (CWUR). +info.

A UVigo, na franxa 901-950 entre as mellores universidades do mundo segundo o ránking QS 2024

A edición de 2024 do QS World University Rankings, sitúa a Universidade de Vigo na franxa entre as 901-950 mellores do mundo e no posto 24 en España. (DUVI) (+Info)

Segundo recolle o ránking de Shanghai de 2023. A UVigo, unha das 600 mellores universidades do mundo.

A institución académica está entre as 75 máis destacadas en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. (DUVI) (+Info)

A UVigo sube un chanzo no Times Higher Education e sitúase entre as 800 e as 1000 mellores universidades do mundo

A calidade da investigación é o indicador no que obtén mellor puntuación. (DUVI) (+Info)

33 investigadores da UVigo, entre os máis citados do mundo segundo o ránking da Universidade de Stanford

David Posada é o mellor clasificado, no posto 688 global e no 11 dentro da súa área de coñecemento. (DUVI) (+Info)

O Mestrado en Xestión Empresarial do Deporte, o segundo mellor de Europa no seu eido

Segundo o ránking internacional de SportBusiness. (DUVI) (+Info)

A UVigo sitúase no posto 15 do mundo en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

A institución académica está entre as universidades referentes en sete ámbitos de coñecemento. (DUVI) (+Info)

A UVigo sitúase entre as universidades máis transparentes do Estado

Segundo o 'Informe de transparencia voluntaria en la web de las universidades españolas'. (DUVI) (+Info)

A universidade de Vigo atópase entre as 25 mellores universidades de España 2023 segundo Forbes

Destaca pola súa labor de investigación e o alto contido en prácticas do seu programa formativo. (Forbes) (+info)

Vigo oitava Universidade do mundo pola súa formación para a vida inclusiva

Segundo o THE impact Ranking. (Faro de Vigo) (+info)

A UVigo logra posicionarse entre as 400 universidades máis sostibles do mundo.

Segundo o Ranking QS Sustainability. (Diario de Pontevedra) (+info).