Guia docente 2016_17
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de escultura e instalacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación do dominio dos obxectivos e dos contidos extráese da comprensión que o alumno fai explícita coas súas argumentacións durante as correccións e especialmente na presentación final de resultados 20 B2
C1
C7
C33
C36
C39
Obradoiros Presentacións dos procesos e resultados dos traballos desenvolvidos no taller. Seguimento individualizado dos procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos (complexidade, coherencia das articulacións, manexo de dispositivos e integración dos contextos na proposta). 50 B3
C5
C6
C19
C20
C27
C31
C45
C47
Traballos tutelados Seguimento individualizado dos procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos. Memorias de documentación do proxecto. Ademais do interese do proxecto, son valores a ter en conta: a coherencia da documentación co traballo presentado, a brevidade, claridade nas descricións, calidade dos debuxos, esquemas, fotografías, animacións, textos, etc. 30 C19
C20
C27
C31
C32
C43
C44
C47
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios de avaliación. Teranse en conta os seguintes factores:1. A implicación do alumno nas actividades docentes. 2. A súa capacidade de manexo dos contidos. 3. A xestión dos materiais e procedementos utilizados no taller. 4. O seu interese e eficacia para levar ao límite as reflexións e as propostas elixidas. 4. Valorarase especialmente a incidencia positiva ou negativa do seu traballo en relación á dinámica do grupo. A avaliación é continua. Ao final do período docente cada alumno exporá a documentación dos traballos realizados durante o curso. Para aqueles alumnos que teñan 5 faltas sen xustificar e para os que non satisfagan os obxectivos ao longo do curso, prevese el exame correspondente á convocatoria extraordinaria de xullo. Nesta proba, presentaranse todos os traballos desenvolvidos ao longo do curso así como a presentación dun dossier coa súa documentación.


EXAMEN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: 7 xullo, 16:00 h.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA FIN DE CARREIRA: 26 de outubro de 2016 12:00 h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000