Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Inglés para ciencias da saúde
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2010_11
Materia Inglés para ciencias da saúde Código P05G170V01904
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 1C
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Coordinador/a
Garcia de la Puerta, Marta
Correo-e mpuerta@uvigo.es
Profesorado
Garcia de la Puerta, Marta
Web
Descrición xeral 1. Desenvolvemento da comprensión e expresión orais en inglés para as Ciencias da saúde. Adquisición dos coñecementos e utilización práctica dos termos, expresións e estruturas gramaticais específicas, esenciais, para o/a futuro/a fisioterapeuta na súa relación co/a paciente de fala inglesa. Adquirir competencia en comunicación non verbal coa fin de saber interpretar mensaxes non verbais na comunicación cara a cara.

2. Adquisición de destreza oral para expresar en lingua inglesa, mediante a axuda de medios tecnolóxicos, traballos previamente elaborados.
Mediante a utilización completa e fluída dos recursos lingüísticos adquiridos, o/a futuro/a fisioterapeuta terá unha maior e mellor competencia lingüística oral en inglés para a súa utilización práctica en situacións directamente relacionadas coas prestación de coidados fisioterapéuticos a pacientes estranxeiros. Deste modo, entenderaos cando necesite información sobre a súa saúde, minusvalía ou problema físico, informaraos concisa claramente acerca do tratamento e aplicación de medios físicos e técnicas manuais, e atenderaos, facendo uso, segundo cada caso, de ordes, instrucións, peticións amables e expresións de alento e ánimo.

3. Adquisición da destreza lectora que lle permita ampliar os seus coñecementos, coñecer os avances da investigación no estranxeiro, consultar bibliografía especializada no seu campo de estudo, acceder a documentación en xornais, artigos, revistas especializadas e libros de texto específicos, así como facilitar o manexo de equipos de alta tecnoloxía. Buscar e extraer información de textos en inglés para as ciencias da saúde.
4. Adquisición da destreza escrita de carácter científico, co obxecto de utilizala na elaboración de artigos e resumos destes («abstracts»), para a súa publicación en revistas especializadas.

5. Adquisición da destreza escrita de carácter epistolar, para a redacción de cartas formais, solicitudes de traballo, inscricións en cursos especializados, peticións de admisión de comunicacións ou conferencias en congresos, así como de cartas informais, coa fin de manter contacto con colegas ou profesionais foráneos.

6. Abordar aspectos interculturais relacionados coas Ciencias da saúde.

7. Formación e capacitación profesional para traballar en contextos, empresas e institucións estranxeiras relacionadas co ámbito das ciencias da saúde.


Estas destrezas adquiridas, xunto cunha revisión das estruturas esenciais da comunicación oral en inglés, permitiranlle, igualmente acceder a bolsas, ampliar estudos de posgrao, así como asistir a conferencias, cursos e congresos no estranxeiro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000