(*) Investigación comercial é unha materia obrigatoria que consta dun total de 6 créditos ECTS que se corresponden con 150 horas de traballo do alumno, das cales 50 son actividades presenciais, mentres que o resto serán actividades de traballo persoal.
Esta materia pretende que o estudante comprenda a necesidade e utilidade da investigación comercial dentro do ámbito da Dirección Comercial e en calquera proceso de toma de decisións dentro da organización. Ademais trátase de que adquira unha visión ampla das diversas fontes, métodos e técnicas de recollida da información e familiarícese cos sistemas de análises e interpretación dos datos. O obxectivo final da materia é que o alumno sexa capaz de desenvolver un proceso de investigación comercial.